Benvidos e benvidas!! Por fin temos blog!! :)

Iuhuuuuuuu!!

Os integrantes de 4ºA levabamos unha boa temporadiña 


coa idea de poñer en marcha un blog onde


contar o noso día a día no colexio. 


E así, dende a casa, ter a oportunidade de atravesar, 


dalgunha maneira, as catro paredes da nosa aula!! 

A que é unha boa idea?


Como ben indica o nome que escollemos entre todos para o noso blog,

na nosa aula somos 26 e sempre intentamos repartir sorrisos!!


Os primeiros días de clase fixemos varios xogos

de presentación e para coñecernos mellor!!

Sobre todo, para axudar á nova compi e á mestra Alicia,

xa que nós xa nos coñecemos bastante ben!!

Aínda que... 

sempre se descobren un montón de cousas novas dos compis!! ;)


E que mellor forma de presentarnos no blog

que cunhas pedras moi especiais

para nós e as nosas familias? :)


Pronto volveredes a ter noticias nosas

que temos moooooito que contarvos!!



Unha chea de SORRISOS para tod@s!! :)


Comentarios

  1. encantame este blog ,e moi boa idea.

    ResponderEliminar
  2. Me parece una buena idea este blog y mejor idea la de incentivar la sonrisa en los niños.

    ResponderEliminar
  3. Grazas profe Alicia por todas as cousas chulas que estas facendo por nós. Encantame este blog, pareceme unha maneira xenial de compartir os nosos 26 sonrrisos con todo o mundo e tamén as nosas experiencias. Grazas de verdade, bicos de Lola, queroche.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Grazas a ti Loliña pola teu comentario e por se tan participativa e entusiasta con todas as actividades da aula!
      Así é moi sinxelo darlle vida a un blog!
      Moitas apertas cheas de sorrisos para ti e a túa familia!! :)

      Eliminar
  4. Cristina, nai de Carla Núñez20 de novembro de 2017, 11:16

    Precioso nome o da Aula é moi significativo. Encantanos todo o que estas facendo profe Ali, pareceme xenial esta iniciativa, a forma que tes de motivalos é a alegria que lles trasmites, un bico moi grande <3


    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola mamá Cris! O nome da aula escollérono os 25 cativos e cativas desta maravillosa clase!! Son uns xenios!! E moitas grazas polas túas palabras!! Normalmente adoitan contestar os nenos/as aos vosos comentarios, pero neste caso penso que me tocaba! Grazas a vós por toda a vosa colaboración!! E a seguir comentando, fainos mooooita ilusión! ;) Biquiños!

      Eliminar
  5. Nenas e nenos, quero contaros que tedes a unha das mellores profes, Alicia.
    Disfrutade cada minuto dela, do seu sorriso, da sua dozura e sobre todo, poñede moita atención!! Vos levara polo camiño do aprendizaxe da forma mais máxica e aprenderedes o mellor.. O significado, de traballar en equipo e da amizade.
    Te seguimos estimando moito ����

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Miña querida Luisa!! Moitísimas grazas polas túas palabras!! Xa van alá uns cantos aniños dende que traballei con esas cativos/as aos que sigo querendo tanto!! Pero o máis importante é que esa maxia da que falas mantense, e iso é o mellor!! Grazas polas túas palabras, a vosa visita e por todo!! Apertas de chocolate!! :)

      Eliminar
  6. Hola chic@s!! Encántame este blog! Noraboa! A partir de hoxe teredes unha nova seguidora. Menuda sorte poder adentrarvos en este mundillo dos bloggers, de internet, e das novas tecnoloxías...Tendes unha profe moi guay!! Espero que sepades coidala para que vos ensine todo o que ten en esa cabeciña, que parece que é moito, e xa vedes que se pode aprender, xogar, divertirse...Tendes tempo para todo!! 4º mola!
    Pois nada, eu xa me despido e quedo á espera da próxima publicación...
    Mándovos 26 bicos!!
    Felicidades por este blog!!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola Lucía! Proximamente recibirás contestación dos nenos/as, pero pola parte que me toca...sí!algo de razón tes, a miña cabeza non para!! Pero moito é grazas a estes grandes pequechos e á colaboración das familias! Así que seguiremos nesta liña e...con seguidoras así é un luxo! Así que a seguir comentando que nos fai moita ilusión!! Grazas e moitas apertas cheas de sorrisos! :)

      Eliminar
  7. Santy (Pai de Xiana)22 de novembro de 2017, 06:21

    Ola. Encántame a idea do blog. Os rapaces están super motivados. Estaremos atentos as novas que vaian xurdindo.
    Saúdos

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola Santy! Alégrome que a idea do blog vos gustase, pero unha idea sen uns bos artífices como son estes pequechos que teño e as súas familias...non sería nada!! Así que o mérito agora é deles! Grazas pola colaboración e a seguir comentando que nos fai moita ilusión!! Apertas! :)

      Eliminar
  8. Queridos nen@s de 4A, e querida profe Alicia, quero darvos a miña máxima noraboa por este blog...encantame esta iniciativa que tivo a profe Alicia, a verdade que tendes unha desas profes que tanta falta fan...unha profe chea de ilusión, de ganas e da que sin duda ides aprender moitisimo...sobre todo aprenderedes que o estudio e un xogo: cheo de normas, deberes, alegria, diversión e moitos sorrisos...e sobre todo aprenderedes valores que son tan importantes no voso dia a dia.
    Gracias de corazón profe Alicia, eres un orgullo de profe...non desistas nunca desos valores e desa forma que tes de ensinar e de crearlles esa ilusión polo estudio a estes 26 nen@s, que tanto che queren e se sinten tan felices contigo neste curso.
    26 grandes bicos e sorrisos.
    Gracias profe Alicia por formar parte de todos nos.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Perdón son fatima a nai de lola

      Eliminar
    2. Querida Fátima! Tes ese don de emocionar coas túas palabras! Moitas grazas pola parte que me toca! Pero o mérito é destes pequechos e da colaboración das familias! Así que grazas polo que dis e por comoentar! Non deixes de facelo que nos fai moita ilusión!!Xa sabes, isto tamén son valores, canto podedes aportar e axudar as familias!! En breves recibirás respostas dos nenos/as (que, en realidade, é o obxectivo!jiji) Moitas apertas cheas de sorrisos!! :)

      Eliminar

Publicar un comentario

Anímate a comentar!! Faranos moita ilusión!! ;)

Publicacións populares deste blog

Algúns súper aniversarios!! ;)

Nadal de sorrisos!! :)

Recordando o magosto!!