Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Novembro, 2017

Día contra a violencia de xénero.

Imaxe
Benvidos e benvidas!! Xa volvedes a ter noticias nosas!! Hoxe imos falar sobre o DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO. que é o día 25 de novembro (pero no cole conmemorámolo hoxe,  venres). Nós o que queriamos ese día era simbolizar a paz e a non violencia, e para iso, todo o cole, fixemos unha concentración. Tratouse de baixar ao patio, vestidos de negro, cun lazo morado!! Na nosa aula ocorréusenos, ademais, facer unha pancarta e manifestarnos con ela para que NON siga  habendo violencia. Pensamos entre tod@s un lema... ...por suposto,  incluíndo os nosos SORRISOS!! Fixemos un pequeno photocall... ...e démoslle forma á pancarta para saír ao patio con ela!! Agora si...ímonos despedindo! Encantounos contarvos isto para que saibades o valor positivo desta acción que fixemos todo o colexio unido. Porque como plasmaron os compis de infantil...

Actividades varias de principio de curso!!

Imaxe
Nestes dous meses que levamos de curso, fixemos un montón de actividades diferentes!! Entre elas, escoller a mascota da nosa aula!! Como nos custa ás veces entender a democracia... Na maioría delas tivemos que aprender a traballar en equipo!! Como custa... pero que divertido, interesante e gratificante é!! Tamén utilizamos moito a PRENSA nas nosas aprendizaxes!! É moi interesante e cercana a nós!! Aínda que, por desgraza, non sempre trae noticias positivas... Pero ante iso, axuda moito apoiarnos entre nós  e expresar o que sentimos á nosa maneira!! E todo o que queda por contar... Miles de bicos de chocolate e moreas de sorrisos!! :)

Benvidos e benvidas!! Por fin temos blog!! :)

Imaxe
Iuhuuuuuuu!! Os integrantes de 4ºA levabamos unha boa temporadiña  coa idea de poñer en marcha un blog onde contar o noso día a día no colexio.  E así, dende a casa, ter a oportunidade de atravesar,  dalgunha maneira, as catro paredes da nosa aula!!  A que é unha boa idea? Como ben indica o nome que escollemos entre todos para o noso blog, na nosa aula somos 26 e sempre intentamos repartir sorrisos!! Os primeiros días de clase fixemos varios xogos de presentación e para coñecernos mellor!! Sobre todo, para axudar á nova compi e á mestra Alicia, xa que nós xa nos coñecemos bastante ben!! Aínda que...  sempre se descobren un montón de cousas novas dos compis!! ;) E que mellor forma de presentarnos no blog que cunhas pedras moi especiais para nós e as nosas familias? :) Pronto volveredes a ter noticias nosas que temos moooooito que contarvos!! Unha chea de SORRISOS para