Día contra a violencia de xénero.

Benvidos e benvidas!!

Xa volvedes a ter noticias nosas!!


Hoxe imos falar sobre o
DÍA INTERNACIONAL
CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.
que é o día 25 de novembro
(pero no cole conmemorámolo hoxe,  venres).


Nós o que queriamos ese día
era simbolizar a paz e a non violencia,
e para iso, todo o cole, fixemos unha concentración.


Tratouse de baixar ao patio,
vestidos de negro, cun lazo morado!!


Na nosa aula ocorréusenos, ademais,
facer unha pancarta e manifestarnos con ela
para que NON siga  habendo violencia.

Pensamos entre tod@s un lema...


...por suposto, 
incluíndo os nosos SORRISOS!!

Fixemos un pequeno photocall...









...e démoslle forma á pancarta
para saír ao patio con ela!!



Agora si...ímonos despedindo!


Encantounos contarvos isto para que saibades
o valor positivo desta acción
que fixemos todo o colexio unido.

Porque como plasmaron os compis de infantil...


Moitos SORRISOS (máis que nunca!!)
 para todo e todas
e un agasallo en forma de canción !!
(Pensade, pensade...que quere dicir?)


Esta entrada foi escrita por:
 Yago, David, Kiara, Lola e Bárbara.




Comentarios

  1. Helloo me encanta q podamos colaborar desde casa con los comentario :3 El blog esta super chachi pistachi����

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola MIguel! o blog está xenial porque vós o facedes así! Neste caso 5 dos teus compis, autores desta entrada! Ademais...das actividades tan chulas nas que participades con todo o entusiasmo! Unha aperta enorme! Ata mañá! :)

      Eliminar
  2. Son a nai de Amanda. Penso que é moi importante que @s nen@s sexan conscentes deste terrible problema que, como todos os problemas, ten moito que ver coa maneira de educar. Gustoume moito o acto simbólico no patio e a pancarta de 4º A paréceme ULTRASÚPERMEGAINCREÍBLEMENTEFANTÁSTICA!!!!!!

    ResponderEliminar
  3. Profe Alicia me encanta como lla le vamos dando forma a este blog porque somos un gran equipo y podemos lograr todo lo que nos propongamos grazas de verdad te quiero un mundo profe Alicia somos las niñas y niños mas afortunados del mundo teniendote a ti como profe mil abrazos y besos para todos pero para ti sobretodo profe Alicia������ te quiero un mogollon

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola Loliña! Que razón tes! Esta entrada quedouvos xenial e ese equipo de 5!! Agora os vosos compis seguirán facendo un incrible blog! Estou segura! ;) E grazas polas túas palabras! Eu tamén tiven moita sorte de atoparme con vós nesta Illa maravillosa e cos vosos 25 sorrisos! Ata mañá! Apertas de chocolate! :)

      Eliminar

Publicar un comentario

Anímate a comentar!! Faranos moita ilusión!! ;)

Publicacións populares deste blog

Algúns súper aniversarios!! ;)

Nadal de sorrisos!! :)

Recordando o magosto!!