Sorpresón en Nadal!! :)

Mentres estabamos de vacacións
e sen que soubesemos nada
XIANA colouse no noso cole!!


Ese personaxe que nos cautivou
xunto con Anya e moitos máis
no maravilloso libro que lemos na clase:
“O agasallo de Anya”


Sacamos moitas aprendizaxes del,
sobre todo en forma de valores!!
Eses que ten no seu grande corazón
a súa autora Sabela Núñez Singala,
artífice desta incrible sorpresa!!

Grazas de verdade!! J



Como de seguro que ela o le,
que lle queredes comentar do libro?

E aproveitamos a entrada para 
darlle a BENVIDA a nosa 
nova súper mestra LUCÍA!!



Moitos SORRISOS para tod@s!!
J

Comentarios

  1. Profeeee xa esperaba unha nova entradiña ;)

    ResponderEliminar
  2. Olaaaaaa!! Son Sabela, autora de "O agasallo de Anya". Si, son a da foto.
    Quero darvos as grazas por ler todas esas palabriñas que eu fun escribindo coa ilusión de chegar a moitas nenas e nenos coma vós.
    Hoxe síntome feliz vendo esta entrada do voso blog e imaxinando eses vinte e seis sorrisos tan bonitos que tedes os de cuarto. Para todos vós, quero enviar unha aperta ben grande e vinte e seis biquiños de parte de Xiana e meus.
    Mellor que sexan vinte e oito para poder compartir con Ali e Lucía. Que teñades un bo curso!!!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Gracias por comentar tes un novo lector do teu libro.A todos nos encantou o teu libro varios votamos de menos a Anya e a Xiana se queres unha segunda parte de libro aqui estou eu jajajaja :V

      Eliminar
    2. Ola a todos de novo e a Miguel especialmente. Gustoume moito ler o teu comentario e saber que botades de menos a Anya e Xiana.
      Por certo, encantoume o voso cole e tamén a Illa cando pasei por alí en Nadal.
      Un bicazo!!!

      Eliminar
  3. Holaaa,aproveitamos que estamos xuntos para diciros,QUE VOLVA ALICIAAAAA Brais xa quere que lle corixas os examenes jajaja. Bueno chaooo ����

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola meus pequenos!!Que alegría o voso comentario!!Bótovos moito en falta... aínda que a vosa súper profe Lucia me ten moi ben informada!;) Eu sigo con moita paciencia curando o peíño pero..xa sen muletas!!Espero vervos pronto e poñervos moitos deces neses exámenes!!jiji! Un bico moooi grande para os dous e para todos os compis mestres e,por suposto, unha morea de sorrisos!!Espero vervos moooi prontiño!!Quérovos :)

      Eliminar
  4. Profeeeee estaba aqui jugando un poco y vi que habian 7 comentarios y me puse a llorar!! y vi que eras tu y dije:Wiiiii aliciaaaa <3 (pd el <3 es un intento de corazon jeje)

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola Miguel!!Claro que son eu!A pesar de estar un pouco maliña acórdome moito de vós e faime moitísima ilusión que me escribades e,por suposto, sempre vos responderei!!;) Espero que traballedes moito e sexades moi moi felices!Vémonos pronto!! Bicos enormes para ti e para a túa familia!!E moitos,moitos sorrisos!! :)

      Eliminar
  5. Os nen@s de cuarto5 de abril de 2018, 03:41

    Ola super profe Ali!!!
    Botámoste moito en falta e queremos que volvas pronto e recuperada dese peciño.
    Nos estamos super ben con esta profe tan boa e animados pero tamén temos moitas ganas de verte.
    Un bicazo super grande e moitos sorrisos.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ohhhhh!!sabedes que??emocioneime co voso comentario!!! Non sabedes o longo que se me está facendo este tempiño na casa sen vervos!!Pero tócame curar este peíño para volver a tope!! Ademais estou moi contenta porque sei a súper profe que tedes e o que vos coida!!Así que espero que vós tamén a coidedes moooito porque o merece!!Non deixedes de escribir aquí que sempre é unha alegría e moooitos moitos bicos e sorrisos para Lucía, para todos vós meus pequenos e para as vosas estupendas familias!!:) Quérovos!!

      Eliminar
  6. Ola profe Ali que ilusion me fai que nos escribiras botoche moitisimo de menos recuperate moi pronto para volver ven curadiña unha aperta moi grande emoitos bicos de caramelo����

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola Loliña!! Ilusión a miña co teu comentario e,sobre todo,porque te sifas acordando de min con tanto cariño!!eu tamén te boto moito de menos!!Espero que te estés portando todo o ben que ti sabes e que axudedes moito ás profes!!Espero poder ir a vervos prontiño!!Quérote moito chuliña!!Bicos e sorrisos enormes para ti e a túa estupenda mami!!:)

      Eliminar
  7. Olaaa fai bastante que non entro e acordoume. E vin esta entradiña e puxenme lendo e gustoume moito . Por certo profe ali queroche moito espero que cures ese peciño para poder verche que xa temos todos ganiñas eh . :)

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola Adri!!!que ilusión o teu comentario e grazas polos teus bos desexos para o meu peciño!:) A verdade que pouquiño a pouco vai moito mellor!Eu tamén espero poder vervos prontiño porque vos boto mooooito de menos!!Un biquiño e moitos sorrisos para ti e a túa familia!Muuua!! :)

      Eliminar
  8. holaaa eu son Silvia,que tal che vai profe, botamoste moooito de menos inda que a profe lucia tamen e moi boa este ano tivemos a sorte de tervos xunto a nos estamos todos os da clase moi contentos sempre cun sorriso na cara que iso e o mellor aquí na nosa super aula botandote de menosssss xa temos moitas ganiñas de que volbass con ese pe noviño e insinarte todo o que aprendimos moitos vicos,apertas e sorrisos de chocolate de parte de todos nos,queremoste un mundo ata outra

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Miña Silviñaaaa!!que alegría lerte!!Eu si que vos boto de menos!!pero estou moi contenta porque sei que vós o estades con esa súper mestra!!O meu peciño penso que pronto me deixará facervos unha boa visita!!Moitísimos bicos e sorrisos para ti e a túa súper familia!!:)

      Eliminar
  9. hola super profe, alegrame que me responderas, moita sorte nese peciño e tamen moitos bicos e apertas para ti e a tua familia ,que ilusión que nos veñas visitar algún diiña, que vai ser innolvidable ata outra, bicos e sorrisos.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Sempre vos responderei miña rula!! Porque vos boto moito de menos e porque alégrame moito que vos acordedes de min sempre e que escribades aquí!!Sodes estupendos!!:) Vou a gardar moi ben toda esa sorte que me mandas porque seguro que me axudará moito!! Grazas e moitos moitos bicos!!:)

      Eliminar
  10. Olaaa super profe Ali!!!
    Temos moitísimas ganas de que volvas pronto,esperamos que ese peciño vaia pouco a pouco recuperándose,nós esperamos que si.
    Nós por aquí aprendendo moito na nosa súper aula ca nosa super mestra Lucía,que tamén nos aprende moito(ti tamén,jijijiji)
    De parte de nós e as nosas super familias unha marea de apertas e sorrisos de chocolate.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola chuliñas!! xa vexo que hoxe tocou xuntanza!! Como me alegro de que vos sigades levando tan ben e espero que sendo tan boas como eu recordo! Seguro que si! Eu si que teño ganas de vervos! Non volo podedes nin imaxinar! Pero entre que o pé me doe e que non podo conducir aínda...nin visitarvos podo!:( Pero espero que iso cambie prontiño! Alégrome de que estedes tan contentas coa mestra Lucía e espero que sigades sendo igual de estupendas!!
      Moitísimos biquiños e sorrisos enormes para vós as dúas en especial e para a mestra e as vosas familias!! :)

      Eliminar
  11. Hola profe Alii,que tal vai ese peciño?Espero que ben,todos nós temos moitísimas ganas de que cures moi ben ese peciño para volver canto antes.
    Unha morea de bicos e sorrisos para ti,o teu peciño e túa familia.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola Kiariña!! Grazas por escribirme!! Aínda que nos vimos de casualidade fai pouquiño, que ilusión me fixo!! E non sabes a enerxía e os ánimos que me deron as túas apertas, os teus sorrisos, a túa preocupación e as palabras tan boas que tivestes para min túa mami e ti!! grazas de corazón chuliña!! E dallas tamén á túa nai, vale? Espero volver a coincidir moitas máis veces máis con vós!! A ver se me paso por alí eu ;) E o meu pé...xa viches o outro día que bastante coxiña e con algo de dor pero estou segura que pronto irá mellor!! Grazas por escribirme e non olvidarvos de min!! :) Moitas, moitas apertas e sorrisos enormes para ti e a túa mami!! :)

      Eliminar
  12. Hola súper profe,qué tal estás?
    Estabamos lendo o comentario eu e máis a miña nai e ela dime que soliño e este calorciño viche a axudar a mellorar máis pronto,a ver si volvemos a vernos e desa xa nos contas que todo vai súper ben.
    E agora tócame a min,mándoche moitísimas apertas e sorrisos para curar máis prontiño ese peciño que espero que pouco a pouco vaia curando.
    Miles de apertas e sorrisos das dúas!!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola Kiariña e Lucía!Que alegría que se asomase por aquí a túa mami e penso que vai ter moita razón co que di!!Oxalá!!;)
      E a ti Kiariña decirche que me chegou toda a túa positividade e que,de seguro, que me axuda a curar antes! Grazas de corazón!!
      Sodes un amor!!
      Moitos aloumiños e sorrisos para as dúas!!:)

      Eliminar
  13. Kiara,Lola,Silvia e Noa28 de abril de 2018, 03:10

    Olaaa profe Ali,votásmote moitísimo de menos necesitamos que volvas pronto.
    Ainda que con esta súper profe tamén estamos moi ben.
    Como vai ese peciño?
    Esperamos que moi ben,bueno unha súper aperta e moitos bicos para a tua marabillosa familia e para ti sobretodo,e non te esquezas desa súper excursión de fin de curso que necesitamos que veñas con nos muaaaa querémosche un mundo.

    ResponderEliminar
  14. Ola miñas nenas!!Que ilusión a vosa mensaxe conxunta!!:) Moitísimas grazas por escribirme e preocuparvos tanto!!O meu pé vai moi lentiño,precisa tempo para curarse ben!
    Eu tamén me acordo moito da excursión,sabedes que me fai tanta ilusión como a vós!Pero vaia ou non pasarédelo pipa!!Esperemos a ver que vai pasando!!;)
    Espero vervos mooooi pronto!Quérovos moito!!:)

    ResponderEliminar
  15. olaa super profe Ali, faime moita ilusión poder ter este super vlog para desexarte o mellor posible en ese peciño, que supoño, que pouco a pouco vai indo mellor oxala que na super excursión de fin de curs,o que están planeando a profe Lucia e a profe Susana, podades vir ti, o teu peciño que ten que estar coma novo e a nosa mestra Lucia. Grazas por estar sempre apollandonos cando se torcen as cousas,e sobre todo por aprendernos todo o que sabemos.A que xa se me olvidaba... una morea de bicos de todos os nenos e nenas da nosa super aulaa para as tuas maravillosas familias, e en especial para ti, 1.000.000 de sorrisos e apertas de caramelos de chocolate queremoste.Xa me vou despedindo que me quedo sen batería ata outra. SORTE,BICOS,APERTAS E SORRISOS

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola Silviña! Sinto o retraso na resposta pero o día que o lin non puiden contestar! Eu tamén me alegro de ter este súper blog no que podo seguir, dalgunha maneira, sabendo de vós, por iso non me canso de darvos as grazas por non esquecerme!:) Seguirei aquí para o que precisedes e prontiño prontiño conto de poder facervos unha visita!! Iso quero e espero!! Un bico enormísimoooooo e moitos, moitos sorrisos!! :)

      Eliminar
  16. ola sùper profe Ali.
    Alegroume moito a sùper visitiña de onte,
    xa vin que ese peciño pouco a pouco vai a mellor, pero o que mais me gustou foi verte cun sorriso enorme na cara, co que estabamos todos.
    A por certo o chocolate estaba boiiisimo
    con moitas ganiñas de que ese pe se recupere para vir a darnos as tùas sùper clases alegres que ti es a que mellor as da, moito bicos para a tua maravillosa familia, e en especial para ti e a tua mami queroche un mundo moitas apertas e sorrisos de chocolate MUA.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola Silviña!!para min si que foi incrible a visita ao cole porque me fun cargada de enerxía,cariño e moitos sorrisos grazas a vós!!:) Alegroume vervos tan contentos e espero que sigades traballando e portándovos ben con Lucia e cos demais mestres que vos adoran!! Moitas grazas por todo e moitos,moitos sorrisos e apertas!! Muaaa!! :)

      Eliminar

Publicar un comentario

Anímate a comentar!! Faranos moita ilusión!! ;)

Publicacións populares deste blog

Algúns súper aniversarios!! ;)

Nadal de sorrisos!! :)

Recordando o magosto!!